Categorias

Queixo Catadoiro - San Simón da Costa - Bufón (D.O.) Ampliar

Queixo Catadoiro - San Simón da Costa - Bufón (D.O.)

Queixo San Simón da Costa, bufón (tamaño pequeno) duns 650 g.

Máis detalles

Dispoñibilidade : Dispoñible

8,32 €

A D.O.P. San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite de vaca, crú ou pasteurizada, sen calostros nin conservantes, procedente das razas autóctonas (rubia galega, pardo-alpina, frisona e dos seus cruces), dentro do seu ámbito xeográfico determinado.

O afumado e a súa forma de obús son claves na súa identidade, así coma a súa corteza exterior brillante e cerosa, de cor parda.

A zona de produción, tanto da leite coma do queixo, abarca a comarca de Terra Chá, terra de gran tradición láctea da provincia de Lugo, que engloba os seguintes concellos: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

Esta área de produción do queixo caracterízase pola presenza de fertis vales interiores protexidos por sistemas montañosos, nos que destaca a abundancia de prados e pastizais, ata o punto de que son un elemento fundamental da súa paisaxe. Tamén é un medio natural onde abunda o bidueiro, cuxa madeira, usada no proceso de afumado, proporciónalle unha color e un aroma inconfudibles.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribe a túa opinión

Escribe a túa opinión

Queixo Catadoiro - San Simón da Costa - Bufón (D.O.)

Queixo Catadoiro - San Simón da Costa - Bufón (D.O.)

Queixo San Simón da Costa, bufón (tamaño pequeno) duns 650 g.

Escribe a túa opinión