Categorias

Queixo Roquefort Francés Ampliar

Queixo Roquefort Francés

O roquefort é un queixo azul francés de leite de ovella coagulada procedente da rexión de Causses del Aveyron. De importación.

Máis detalles

Dispoñibilidade : Dispoñible

35,98 €

35,98 € por Kg

É un queixo de leite de ovella da raza Lacaune, a única capaz de adaptarse as rigorosas condicions climáticas que destacan polas súas fortes variacións de temperatura. É un queixo de pasta verde (fromage à pâte persillée) cun peso medio de 2,5 kg.

A masa gárdase en forma de bolas en adegas abertas nas calizas de Roquefort-sur-Soulzon. O seu período de degustación óptima atópase entre os meses de abril a outubro tras un afinado de cinco meses, o que favorece o desenvolvemento dos mofos internos do xénero Penicillium; pero é un queixo excelente en calquera época do ano.

Polo seu forte e inteso sabor e olor, é desagaradable para algunhas persoas e excelente para outras. Xeneralmente os grandes catadores de aromas alimenticios califícano como un queixo de sabor exquisito.

A súa textura e firme e lisa e pode untarse con certa facilidade. O seu aroma é leitoso, a noces e pasas. O seu sabor é salgado, complexo, cun regusto acedo. Os queixos para o mercado francés solen ser menos salgados que os destinados a exportación. Pode servirse con apio ou uvas, nunha tabla ou bufé de queixos. Excelente con pan de baguette e peras ou con panciños integrais e berros. O seu sabor e textura suavízase ao ser mesturado con queixo creo ou manteiga. O roquefort é un queixo ideal para incorporalo a cualquera receita a base de queixo azul. O seu delicado sabor non afoga o do resto de ingredientes. É excelente en salsa de queixo azul para ensaladas, recheos para tartaletas e canapés, salsas para carne, etc.

Non hai comentarios de clientes por agora.

Escribe a túa opinión

Escribe a túa opinión

Queixo Roquefort Francés

Queixo Roquefort Francés

O roquefort é un queixo azul francés de leite de ovella coagulada procedente da rexión de Causses del Aveyron. De importación.

Escribe a túa opinión