- Sacar de favoritos
- Agregar este produto a favoritos
- Imprimir
Botelo galego
Botelo artesán afumado
Categorias
Información
Botelo artesán afumado
O Botelo, coñecido tamén nalgunhas zonas de Galicia coma Butelo, é o produto cárnico resultante da mestura de polo menos un 70% de costela, con cortizas, espinazo, magro, carrillada e outros ósos con carne, obtidos a partir de despezamentos de porco, convenientemente adobados e embutidos en cegos, estómagos ou vexigas, tamén de porco. Posteriormente sométense a un proceso de afumado con leña de carballo (Quercus robur L.) e curado.
A materia prima procederá de machos castrados ou femias que non estean en celo no momento do sacrificio.
O seu sabor é agradable, picante e cunha equilibrada relación doce/salgado. A súa textura, fibrosa e non homoxénea, dependendo da porción que se deguste.
Non hai comentarios de clientes por agora.
Síguenos