Categorias

Praza de Abastos e Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

Á Praza de Abastos (1841) proxectada por José Sánchez, seguiron a de Juan Álvarez (1904) e a de Eloy Maquieira (1935). Leoncio Bescansa proxectou o Mercado de Banquetas (1909), ampliado por Eloy Maquieira (1929). Ao actual, de Ruperto Sánchez e Francisco Pons Sorolla (1957), engadíronse dúas plantas (1970).

O MERCADO DE BANQUETAS OU NOVO

A desamortización de Mendizábal (1836-1837) permitiu a construción en 1844 do Teatro (1845-1892) e despois do frontón, a continuación da ábsida da igrexa de San Francisco, así como a apertura da rúa do Teatro, chamada a partir de 1901 de Quiroga Ballesteros.

En 1909, Leoncio Bescansa proxectou neste soar o chamado Mercado de Banquetas ou Mercado Novo de Quiroga Ballesteros, ampliado en 1913 por Luciano Travadelo. En 1925, o alcalde Eduardo Rosón López propuxo a súa ampliación, e, en 1929, o seu sucesor Ángel López Pérez adquiriulle un soar a María de los Angeles Sánchez Guardamino. Fixo as obras Faustino Julio Abuín entre 1930 e 1931. En 1948, o arquitecto municipal Ruperto Sánchez Núñez redacta un proxecto, que modifica en 1957 co arquitecto de Belas Artes Francisco Pons Sorolla, ao que se engadiron dúas plantas en 1970.

A PRAZA DE ABASTOS

En 1841, o mestre de obras da cidade, José Sánchez, proxectou a primeira Praza de Abastos, con 16 casetas e un pavillón. O 10 de abril de 1897, o Concello recoñece a necesidade de construír unha nova e encárgalle o proxecto ao arquitecto municipal Juan Álvarez de Mendoza. Sete anos despois, o alcalde accidental Ramón Landriz Lenza presentouno á prensa. Inspirado nas prazas e mercados vascos, tiña 56 postos cubertos e 88 de banco ao aire libre.

Este edificio foi substituído polo proxectado polo arquitecto municipal Eloy Maquieira Fernández. Aprobado o proxecto o 28 de setembro de 1935, comezaron as obras no mes de marzo 1936, e inaugurouse o 4 de outubro de 1942.

 

Posto no ano 1943.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 02

 

Comprando peixe na Praza de Abastos de Santo Domingo en 1966.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 23

 

O garda de consumos na oficina do repeso en 1966.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 23.

 

Vendedoras no ano 1966.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 23

 

Posto de queixos en 1966.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 23

 

Unha novidade na praza. Un asador de polos en 1966.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 23

 

Mercado de Quiroga Ballesteros en 1948.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 06

 

Construción novo mercado de Quiroga Ballesteros.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 07

 

O edificio do novo mercado de Quiroga Ballesteros en 1950.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 07

 

Novo mercado de Quiroga Ballesteros en 1950.

AHPLu. Colección fotográfica de José Luís Vega. Sig.: Caixa 07