Información
Condicións de uso
O Usuario comprométese e garante facer uso da web conforme ás disposicións establecidas nas condicións xerais de contratación, o disposto na normativa aplicable, así coma o relativo á moral e aos bos costumes.
Mediante a aceptación das presentes disposicións, o usuario comprométese a usar a presente páxina web e os produtos postos á súa disposición na mesma, do xeito e na forma que nela mesma se establece. Quedando obrigado a non utilizar a presente web e os seus produtos con fins ilícitos e/ou contrarios aos fins establecidos neste aviso legal, que puidesen ser lesivos de dereitos e/ou intereses de terceiros ou que de calquera forma poidan danar a presente web ou impedir o seu correcto funcionamento ou dos produtos que nela se ofrecen ou ofrecesen nun futuro.
De igual forma, o Usuario absterase de obter os contidos facilitados na web por medios ilícitos, fraudulentos, roubo ou plaxio dos mesmos, de conformidade co establecido no Código Penal e na normativa de aplicación.
“Proyecto AIBAM” resérvase o dereito a non conceder o acceso á web, sen previo aviso, a calquera Usuario que contraveña o disposto nas presentes condicións xerais de contratación.
Pola súa banda, o Usuario, comprométese a non facer un uso ilícito dos contidos da web, ou que poida supoñer un prexuízo a “Proyecto AIBAM”. Xa que logo, o Usuario absterase a título non limitativo, de modificar, copiar, distribuír, publicar, ceder e/ou a vender calquera información ou aparencia concernente á web titularidad de “Proyecto AIBAM”.
a. Cookies e contorna segura
Utilízanse cookies propias e de terceiros para ofrecer unha mellor experiencia de navegación e unha atención personalizada grazas á información estatística que obtemos tras analizar hábitos de navegación. Se navega sen cambiar a configuración, entenderemos que acepta o uso de cookies na páxina web.
b. Hipervínculos
“Proyecto AIBAM” non é responsable das páxinas web enlazadas a esta, polo que non se fai responsable dos seus contidos. Os riscos derivados da consulta de tales páxinas web corresponden exclusivamente aos usuarios, que deberán rexerse polos termos, condicións e avisos legais das mesmas, dos que igualmente “Proyecto AIBAM” non se fai responsable.
c. Propiedade Intelectual e Industrial
“Proyecto AIBAM” é titular dos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial dos elementos que integran o deseño da web, como a marca, nome comercial ou signo distintivo “Proyecto AIBAM”. En particular e a título non limitativo, están protexidos polos dereitos de autor, os logos, combinacións de cores, a selección e a forma de presentación, o código fonte da páxina web, os menús, os botóns de navegación, o código HTML, os applets de Java, os textos, imaxes, gráficos, así coma calquera outro contido da páxina web titularidad de “Proyecto AIBAM”.
O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e Industrial da páxina web; por iso, o Usuario absterase de copiar, reproducir, distribuír, poñer a disposición ou comunicación pública do contido da web, sen a autorización expresa e por escrito de “Proyecto AIBAM”.
d. Limitación de responsabilidade
O Usuario exonera expresamente a “Proyecto AIBAM” de toda responsabilidade por danos directos e indirectos derivados de eventuais erros na web, así coma pola eventual interrupción, suspensión, retardo ou anomalía no acceso á mesma.
“Proyecto AIBAM” comprométese a poñer o máximo coidado para preservar a web de calesqueira virus, troianos e demais elementos que puidesen vulnerar ou danar o sistema informático do Usuario ou de terceiros. En calquera caso, o Usuario exonera de toda responsabilidade a “Proyecto AIBAM”, polos danos directos ou indirectos causados pola eventual existencia de tales elementos daniños ou maliciosos.
Período de validez das presentes condicións
O período de validez das presentes condicións, será o tempo que permanezan publicadas na páxina Web e aplicaranse aos servizos adquiridos no momento en que ditas condicións estivesen dispoñibles.
En todo caso, “Proyecto AIBAM” resérvase o dereito de modificalas de forma unilateral, sen que iso poida afectar aos servizos contratados polos usuarios con carácter previo á modificación, salvo naqueles supostos nos que o usuario cambiase ou modificase o servizo contratado, nese caso resultarán de aplicación as condicións vixentes no momento do cambio e/ou modificación.
Devolucións
Se durante os quince días posteriores á recepción do pedido o cliente desexa devolver o produto, o noso Departamento de Atención ao Cliente realizará as xestións necesarias para tramitar a devolución baixo as seguintes condicións:
- Os produtos deberán devolverse no seu embalaxe e estado orixinal. O cliente dispoñerá de quince días hábiles dende a recepción do pedido para resolver o contrato sen incorrer en penalización nin gasto algún.
- Produtos defectuosos ou deteriorados. Se o cliente detecta que o produto recibido se atopa defectuoso ou deteriorado, deberá poñerse en contacto co Departamento de Atención ao Cliente nos sete días hábiles posteriores á recepción do pedido, onde se realizarán as xestións necesarias para reemprazalo por un novo en perfecto estado e sen ningún cargo adicional.
Se o produto non se atopa dispoñible, a empresa procederá a devolver o importe que o cliente abone, incluídos os gastos de envío.
Cancelacións
As cancelacións serán aceptadas en pedidos que non sexan enviados ao domicilio indicado polo cliente. Se a mercadoría foi enviada será considerada devolución (Ver apartado Devolucións).
A empresa acepta a cancelación de ordes, xa sexa a través da súa páxina web ou través de calquera dos medios de acceso ao Departamento de Atención ao Cliente.
Nulidade e ineficacia das cláusulas
Se calquera cláusula incluída nestas condicións fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz, tal nulidade afectará tan só a devandita disposición ou a parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais ás condicións.
Síguenos