O noso produto

O noso produto

O noso produto

Na Panadería Manso temos este posto na praza dende hai uns 13 anos. Trátase dunha empresa ben coñecida en Lugo, que conta con máis establecementos na cidade. Elaboramos pan e empanadas a diario no coñecido obradoiro que temos en Antas de Ulla, dun xeito totalmente tradicional e artesán. Tanto no Mercado coma nos distintos establecementos que temos na cidade, vendemos produtos coma pan do país, de trigo, de centeo, de millo, sen sal, e integral; e facemos empanadas de ameixas, mexillón, sardiñas, mariñeira, polbo, bacallau, zorza, cogomelos e polo, cogomelos e gambas, bonito, liscos, carne, mazá, zamburiñas, bacallau, beicon e queixo etc. Temos tamén postres totalmente artesanais coma as tartas de Santiago, os amendoados de Allariz, madalenas, rosquillas, biscoitos etc. Se precisas fariña de trigo, de millo, pan relado, queixos da Ulloa ou mel de Antas, no noso establecemento poderás mercalo.