O noso produto
Distinguímonos pola elboración artesanal e en forno de leña de todos os nosos produtos, que non só se venden na cidade, xa que tamén se atenden pedidos dende outras vilas da provincia. Na nosa panadería poderás mercar pan do país, de trigo, de centeo, de mezcla, de millo, barras artesás, pan relado, gran variedade de empanadas (atún, tenreira, liscos, touciño, mazá etc.), mel galega, diversos doces e bolería artesá coma madalenas e biscoito de laranxa e pastas entre outras especialidades.
Síguenos