Información
O noso produto
A nosa tenda, Pan e Compango, concibiuse pola necesidade detectada no Mercado de Abastos de ofertar produtos singulares e de calidade, que aglutinen tradición e innovación. Ofrecemos produtos con selo galego, pero tamén hai oco para outros de ámbito nacional. Buscamos a interacción con pequenos produtores comprometidos coa calidade e coas canles de venda. Pan ecolóxico, embutidos de porco celta e dos Ancares, leite fresca natural, queixos do país e outros derivados lácteos, queixos de corteza enmohecida natural, conservas vexetais e de pescado, conservas ecolóxicas, cogomelos deshidratados, doces, cervexas artesás e unha coidada selección de viños do país e doutras denominacións de orixe son parte dos produtos que atoparás en Pan e Compango.
Síguenos