Información
O noso produto
Somos un establecemento xa coñecido na cidade de Lugo, pola Pizzería que leva o mesmo nome. Decidimos aproveitar as instalacións do mercado para abrir unha tenda especializada na venda de pasta fresca, lista para levar e elaborada con produtos do mercado, de xeito artesanal con agarimo e esmero e á vista do público. Ademáis podes levar a a pasta elaborada para o fogar, tamén se pode degustar no propio mercado, nun acolledor local moi próximo á tenda. Procuramos un trato familiar e achegado. Entre os nosos produtos atoparás pasta fresca de diversas formas e sabores, coma o sabor a grelos, cenoura, espinacas ou remolacha.
Síguenos