» Mércores, 15 de febreiro de 2017
· Carmen Basadre anunciou o GastroEntroido que terá lugar este venres e sábado, de 17:00 a 19:00 o primeiro dÃa, e de 11:30 a 13:30 horas o segundo
GastroEntroido trátase dunhas xornadas que buscan fomentar o coñecemento dos produtos do Mercado e elaborar con eles receitas destas datas, asà como promover esta instalación municipal, xunto coa Praza de Abastos
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuÃta, pódense inscribir no 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este mércores unha nova iniciativa gastronómica do Concello para darlle o pistoletazo de saÃda ao Entroido. Trátase do GastroEntroido, que dá continuidade ao GastroNadal, e que busca fomentar o coñecemento dos produtos do Mercado Municipal, xunto cos da Praza de Abastos, e elaborar con eles receitas especÃficas destas datas, tanto de comidas como de doces tÃpicos, aproveitando os recursos de ambas instalacións municipais. Ademais, preténdese impulsar estos espazos.
O Mercado Municipal acollerá esta iniciativa gastronómica este venres e sábado, de 17:00 a 19:00 horas o primeiro dÃa, e de 11:30 a 13:30 horas o segundo. As xornadas estarán impartidas por profesionais da hostelerÃa.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuÃta, pódense inscribir no Servizo de Información Cidadá 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50. Asà mesmo, os propios dÃas de celebración destas xornadas, os e as interesadas pódense achegar ata o Mercado. O número máximo por xornada é dunhas 20 persoas.
Audio » Carmen Basadre, sobre o Gastroentroido | Descargar mp3