Maite Ferreiro: “a situación sanitaria non pode facernos esquecer a loita contra a violencia machistaâ€
Tres actividades culturais seguras formarán a programación especial do 25 de novembro
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Cristina López, responsábel de Participación e Servizos para a Veciñanza, presentaron as actividades que desde a Tenencia de AlcaldÃa se organizan de cara ao 25 de novembro, dÃa internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Maite Ferreiro afirmou que “a situación sanitaria non pode facernos esquecer a loita contra a violencia machista, unha verdadeira pandemia letal para miles de mulleres no resto do mundoâ€, e engadiu “desde as áreas de Cultura e Participación organizamos unha serie de actividades seguras para que a veciñanza lembre que a violencia machista segue aà e precisa, este ano máis ca nunca, visibilización e concienciaciónâ€.
As actividades comezarán o propio mércores 25, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal onde o persoal da área de Participación entregará unha máscara a todas as persoas que visiten as instalacións. Ademais, no Cemiterio Municipal instalarase unha coroa de flores “como lembranza de todas as mulleres loitaron contra a violencia machista ao longo da historia e tamén como recordo a todas as vÃtimas de feminicidiosâ€, explicou Cristina López, que presentou as actividades hoxe xunto coas vendedoras e vendedores da Praza de Abastos e do Mercado Municipal.
O xoves 26 Inversa Teatro representará no Gustavo Freire SofÃa e as Postsocráticas, unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. Sócrates, Aristóteles e Platón interpretados por mulleres na busca dun novo Logos para poder facer o cálculo do que é o non é violencia machista.
A área de Cultura tamén quixo abordar a violencia machista desde a música, pensando na achega que desde o eido da música tradicional se pode facer para erradicar a violencia contra as mulleres, cun concerto didáctico e unha performance musical.
O venres 27, o Vello Cárcere acollerá o concerto didáctico Reflexións sobre a pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña de Lugo, que contará cunha actuación musical de Branca Villares.
O luns 30, terá lugar no Vello Cárcere a performance musical Badaladas pra mulleres, levada a cabo por alumnado de escolas de canto tradicional.
Todas as actividades serán ás 20:30 horas. As que teñen lugar no Vello Cárcere serán de entrada libre até completar a cabida, mentres que as entradas para o espectáculo teatral do xoves 26 están xa á venta no portal entradaslugo.es.
Audio