· Rosana Rielo participou na mesa redonda Estratexias de Mercados, na que se puxo en valor o papel dos Concello como deseñadores de estratexias para os mercados urbanos e os seus valores transversais
A Concelleira puxo en valor este encontro, para impulsar ambas as dúas instalacións comerciais municipais, non só como puntos de venda de produtos autóctonos de calidade senón tamén como punto de encontro na vida cultural e de lecer do municipio
A Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, participou este xoves no I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles, organizado pola entidade local coruñesa. Concretamente, o Concello de Lugo foi convidado pola súas accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo, no Mercado Municipal e na Praza de Abastos, para a mesa redonda Estratexias de Mercados, na que se puxo en en valor o papel dos Concellos como deseñadores de estratexias para mercados urbanos que misturan a innovación e a tradición. Tamén se trataron os valores transversais dos mercados urbanos, tales como o turismo, a reactivación do comercio de proximidade e os espazos de inclusión sociocultural.
Na súa intervención, Rielo fixo un percorrido polo antes e despois do mercado e da praza de abastos, "dúas instalacións diferenciadas e complementarias". Comezou lembrando a construcción do mercado, proxectada en 1909 por Leoncio Bescansa nun solar en Quiroga Ballesteros e ampliado en 1913 por Luciana Travadelo, e despois en 1930 e 1931 a mans do técnico Faustino Julio AbuÃn, proxecto modificado polo arquitecto municipal Rupero Sánchez co arquitecto Francisco Pons, ao que máis tarde se lle engadirÃan dúas prantas en 1970. Asà mesmo, incidiu nos trazos históricos da praza, proxectada en 1841 polo mestre de obras da cidade, José Sáchez. Nesta liña fixo fincapé na presentación da nova praza, en 1904, inspirada nas prazas e mercados vascos, asà como na inauguración do novo edifiio proxectado polo arquitecto municipal Eloy Maquieira en 1942.
A Concelleira tamén falou da última posta en valor das instalacións do mercado, que foron ampliadas anexionando espazos, cambiándose a estética do edificio, tanto interior como exteriormente e renovando as instalacións de luz, e fontanerÃa; asà como renovando a iluminación e substituÃndo o mobiliario. En canto á praza, Rielo deu a coñecer as distintas tres fases das súas últimas obras, nas que se substituÃu a cuberta do edificio, se acondicionou exterior, se liberou o espazo central da primeira pranta, e se acometeu a mellora de accesbilidade, a a novación de iluminación e climativación., asà como se construÃu un paso peonil entre a praza e o parking.
A Concelleira tamén aproveitou para dar a coñecer unha acción "para gañar a rúa" no entorno destas dúas instalacións municipais, que se fará a través da peonalización e cuberta da rúa Quiroga Ballesteros.
En canto á dinamización do comercio, Lugo destacou na mesa redonda os mercados que se realizan de produtos de tempada, como o Mercado da Terral, do mel, das flores e dos produtos de outono. Tamén se enxalzaron as actuacións en directo que acolleron as instalacións, 8 concertos ao longo deste ano; as distintas actividades para nenos e nenas, como obradoiros no entroido, no SamaÃn ou no Nadal; diversos eventos gastronómicos como obradorios de cociña, degustacións ou masterclass; asà como outras actividades como mercado de antigüidades ou chocolatadas. Para rematar, Rielo tamén avanzou a colaboración entre o Concello e as asociacións de comerciantes que venden os seus produtos en ambas as dúas instalacións municipais.
A Concelleira puxo en valor este encontro, no que participaron poñentes de distintos municipios de Galicia, asà como e Valencia, Madrid, Barcelona, Lisboa e Zaragoza, para impulsar tanto o Mercado como a Praza, non só como puntos de venda de produtos autóctonos de calidade senón tamén como punto de encontro na vida cultural e de lecer do municipio.