O Usuario comprométese e garante facer uso da web conforme ás disposicións establecidas nas condicións xerais de contratación, o disposto na normativa aplicable, así como o relativo á moral e aos bos costumes.
Mediante a aceptación das presentes disposicións, o usuario comprométese a usar a presente páxina web, do xeito e na forma que nela mesma se establece. Quedando obrigado a non utilizar a presente web con fins ilícitos e/ou contrarios aos fins establecidos neste aviso legal, que puidesen ser lesivos de dereitos e/ou intereses de terceiros ou que de calquera forma poidan danar a presente web ou impedir o seu correcto funcionamento.
De igual forma, o Usuario absterase de obter os contidos facilitados na web por medios ilícitos, fraudulentos, roubo ou plaxio destes, de conformidade co establecido no Código Penal e na normativa de aplicación.
A deputación de Lugo resérvase o dereito a non conceder o acceso á web, sen previo aviso, a calquera Usuario que contraveña o disposto nas presentes condicións xerais de contratación.
Pola súa banda, o Usuario, comprométese a non facer un uso ilícito dos contidos da web, ou que poida supoñer un prexuízo á deputación de Lugo. Polo tanto, o Usuario absterase a título non limitativo, de modificar, copiar, distribuír, publicar, ceder e/ou a vender calquera información ou aparencia concernente á web titularidade da deputación de Lugo.
Utilízanse cookies propias e de terceiros para ofrecer unha mellor experiencia de navegación e unha atención personalizada grazas á información estatística que obtemos tras analizar hábitos de navegación. Se navega sen cambiar a configuración, entenderemos que acepta o uso de cookies na páxina web.
A deputación de Lugo non é responsable das páxinas web enlazadas a esta, polo que non se fai responsable dos seus contidos. Os riscos derivados da consulta de tales páxinas web corresponden exclusivamente aos usuarios, que deberán rexer polos termos, condicións e avisos legais destas, dos que igualmente a deputación de Lugo non se fai responsable.
A deputación de Lugo é titular dos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial dos elementos que integran o deseño da web, como a marca, nome comercial ou signo distintivo da deputación de Lugo. En particular e a título non limitativo, están protexidos polos dereitos de autor, os logos, combinacións de cores, a selección e a forma de presentación, o código fonte da páxina web, os menús, os botóns de navegación, o código HTML, os applets de Java, os textos, imaxes, gráficos, así como calquera outro contido da páxina web titularidade da deputación de Lugo.
O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e Industrial da páxina web; por iso, o Usuario absterase de copiar, reproducir, distribuír, poñer a disposición ou comunicación pública do contido da web, sen a autorización expresa e por escrito da deputación de Lugo.
O Usuario exonera expresamente a deputación de Lugo de toda responsabilidade por danos directos e indirectos derivados de eventuais erros na web, así como pola eventual interrupción, suspensión, retardo ou anomalía no acceso a esta.
A deputación de Lugo comprométese a poñer o máximo coidado para preservar a web de calquera virus, troianos e demais elementos que puidesen vulnerar ou danar o sistema informático do Usuario ou de terceiros. En calquera caso, o Usuario exonera de toda responsabilidade a deputación de Lugo polos danos directos ou indirectos causados pola eventual existencia de tales elementos daniños ou maliciosos.
En caso de resolución dalgunha controversia os tribunais competentes serán os da cidade de Lugo.
Síguenos