» Domingo, 01 de outubro de 2017
· A Alcaldesa, a Concelleira de Concello e CidadanÃa e o presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura visitaron os 13 expositores desta feira, coa que un ano máis colabora o Concello
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, e o presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Pablo Piñeiro, visitaron esta mañá os 13 expositores da XXV Feira do Mel de Lugo, que acolleu este domingo a Praza da Soidade. Un ano máis, o Concello colabora con esta asociación nesta "cita doce e clásica xa no calendario da veciñanza antes do San Froilán", tal e coo a definiu Méndez, pois enmárcase na aposta do Goberno de pór en valor os produtos autóctonos de calidade. Na feira, que pechará as súas portas ás 18:00 horas, os distintos produtores ofreceron distintos tipos de mel, mantendo o prezo como en anteriores edicións, 7 euros o quilo e 4 euros o medio quilo.