Participación organiza actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado durante o primeiro trimestre de 2022

13.01.2022 - 20:06

Cristina López: "organizamos actividades para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres os pais e as nais realizan as compras na Praza e no Mercado"

As novas actividades terán todos os sábados de xaneiro, febreiro e marzo entre as 11 e as 14 horas


Participación organiza actividades infantiles en la praza de Abastos y en el Mercado durante el primer trimestre de 2022

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou a nova programación de actividades infantís na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, co obxectivo de  "facilitar que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal".

Desde a área de participación búscase "facilitar a conciliación familiar nas fins de semana, e facilitar que a veciñanza poida achegarse a coñecer os produtos de primeira calidade que se comercian na Praza e no Mercado".

As novas actividades terán lugar nas mañás dos sábados de xaneiro, febreiro e marzo, en horario de 11 a 14 horas. As actividades consistirán en obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, adaptadas ás idades das nenas e nenos presentes.

A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalaciónsâ€. Cristina López animou á veciñanza a “realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalaciónâ€.