Todas as persoas que realicen unha compra de máis de 40 euros na Praza de Abastos e Mercado durante os dÃas de promoción recibirán agasallos promocionais
Cristina López “só na primeira mañá de promoción no ano 2020 os postos da praza facturaron máis de 16.000€â€
A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo retoma a campaña “O noso mercado é un agasallo†para incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.
Cristina López afirmou que “todas as persoas que realicen compras por valor de 40 euros ou máis nos distintos postos da praza recibirán un agasalloâ€, e lembrou que “só na primeira mañá desta campaña o ano pasado, os distintos postos da praza facturaron máis de 16.000€â€. Este ano, a promoción terá lugar os dÃas 27 de novembro, 4, 11, 18, 23 e 30 de decembro e 8 de xaneiro de 2022.
A área de Participación habilitará un posto durante os dÃas de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos que se entreguen ese dÃa, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida e calendarios do ano 2021 con fotos históricas da Praza e o Mercado.
Audio