Cristina López: “no dÃa de hoxe facturáronse máis de 16.000€ só en compras superiores a 40€â€
A campaña O noso Mercado é un agasallo continuará durante os sábados de decembro e o primeiro sábado de xaneiro
A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, informou dos resultados da primeira semana da campaña O noso mercado é un agasallo, coa que desde a área de Participación se pretende promocionar o comercio local e de proximidade nunha ubicación tan emblemática do centro de Lugo como a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. “No primeiro dÃa de promoción, máis de 400 canxearon os seus comprobantes de compra por un agasalloâ€, explicou Cristina López, que engadiu “esta mañá os postos da Praza e do Mercado facturaro máis de 16.000€ só en compras superiores a 40€â€.
A área de Participación agasallará distintos produtos durante todos os sábados do mes de decembro, xunto co sábado 2 de xaneiro do 2021. Entre estes produtos atópanse bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida, calendarios do ano 2021 con fotos históricas da Praza e o Mercado, e material promocional da Praza de Abastos e do Mercado Municipal.