A área de Participación pon en marcha un servizo de reparto a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

31.03.2020 - 18:54

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza pon en marcha o servizo de compra a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal. Segundo afirmou Cristina López, “trátase dun servizo moi reclamado pola veciñanza que poñemos en marcha coa estreita colaboración de todos os negocios da praza”.

Para realizar o seu pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 08:30 a 14:00, aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de reparto será gratuíto.  â€œOfrecerase tamén o servizo de pre-encarga, que permitirá facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza”; declarou Cristina López

Segundo Cristina López, “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados, e avanzar noutras formas de comercialización nestes dous servizos públicos do Concello”. A edil de Participación lembrou que “desde o inicio da crise sanitaria provocada polo COVID-19 estamos a traballar para tentar reducir ao máximo o impacto no pequeno comercio ”.


Contacto postos praza e mercado

  • PESCADERIA ADELITA: 619404613
  • PESCADERIA MARI CARMEN: 636373494
  • PESCADOS MARY PAZ: 982245806 / 648249852
  • CARNICERIA CORDEIRO: 722105201
  • CARNICERIA ECOLOXICA TRALOAGRO: 982470748
  • CARNICERIA MARQUES Y RODRIGUEZ: 629748792
  • CARNICERIA PEIXEIRO: 659178612 / 982241883
  • CARNICERIA PETEIRO: 608413333
  • CARNICERIA PICOS DE ANCARES: 982242826 / 622024322
  • CARNICERIA RAFA: 982241664
  • CARNICERIA SOMOZA: 982242116
  • CARNICERIA Y ELABORADOS PILARICA: 654816325
  • POLLERIA PIO PIO: 982102657
  • ALIMENTACION VAZQUEZ LOLO: 638273237
  • BENEDICTO: 626008355
  • MERCARABASTOS: 982250292
  • PRODUCTOS GALEGOS LOLA: 646313717
  • FRUTAS E HORTALIZAS MAR: 698130958
  • FRUTAS LAURIN: 982242231 / 630205143
  • FRUTERIA MARTA: 722586351
  • QUESERIA ARCADIO COROAS: 609161041
  • QUESERIA GERARDO: 982243338
  • PANADERIA MANSO: 610417501
  • FERRETERIA DO BARRIO: 659646002
 

Audio

  • A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o servizo de compra a domicilio da Praza e do Mercado | Descargar mp3