A Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, deu a coñecer este venres, na Sala de Usos Múltiples de Novas TecnoloxÃas, o festival Con sumo galego, que mistura produtos da terra, con arte, cultura e idioma. Trátase dunha cita para potenciar o consumo de artigos galegos no seu sentido máis amplo, e que será o dÃa 16 de maio.
Esta cita está enmarcada na programación do Concello para potenciar o Mercado Municipal e a Praza de Abastos e achegarlle a cultura made in Lugo e en Galicia á veciñanza luguesa. Xirará ao redor de dous eixos, un que terá lugar de mañá: o Mercado de Produtos TÃpicos, que por mor de que o 17 de maio é festivo se traslada ao dÃa 16. Nesta liña, o Concello tamén traballa para que estes mercados se poidan celebrar os sábados.
A segunda, de tarde, na Praza da Soidade a partir das 22:00 horas, onde se concentrarán distintas actuacións musicais, que empregan a lingua galega nas súas composicións e postas en escena. A primeira delas será a cargo de Arrytmia, un power trÃo lugués, premiado como Mellor banda metal, nos premios MartÃn Códax 2018. Neste momento están gravando xa o seu terceiro traballo, no que exploran a electrónica ou o rap, sen perder a súa actitude reivindicativa.
Rosana Rielo convidou á cidadanÃa a participar nesta cita cultural distinta, que incorporará nos vindeiros dÃas outros grupos, que actuarán xunto a esta banda da cidade.