A zona infantil que habilitou o Concello na Praza de Abastos a finais do pasado ano, en resposta a un dos proxectos gañadores Orzamentos Participativos, para programación de conciliación nos disintos perÃodos vacacionais, abre nesta Semana Santa. Concretamente faro hoxe luns, martes e mércores e o vindeiro luns, en xornada de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.
A Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, convidou ás familias a usar este espazo de lecer infantil, onde os nenos e nenas poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais. O tempo de permanencia na zona infantil será dunha duración máxima de hora e media.