» Venres, 04 de xaneiro de 2019
· Na xornada de hoxe estarán de 17:30 a 19:30 horas, e mañá, de 11:30 a 13:30 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán caramelos de comercio xusto a todos os nenos e nenas que se acheguen a amosarlles os seus desexos
Coa visita das Maxestades de Oriente, o Concello pecha a programación do Nadal do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, onde se celebraron varias sesións do Obradoiro para aprender a facer regalos, no que participaron máis de 100 nenos e nenas
Os Reis Magos pasan hoxe venres e mañá sábado pola Praza de Abastos, para recoller as peticións dos e das pequenas da casa en persoa. En concreto, na xornada de hoxe estarán de 17:30 a 19:30 horas, e mañá, de 11:30 a 13:30 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán caramelos de comercio xusto a todos os nenos e nenas que se acheguen ata estas instalacións municipais a amosarlles os seus desexos.
Coa visita das Maxestades de Oriente, o Concello pecha a programación do Nadal do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, onde tiveron lugar distintas sesións do Obradoiro para aprender a facer regalos, no que participaron máis de 100 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos ao longo da pasada e desta semana. Ademais, na Praza de Abastos habilitouse unha zona infantil, moi demandada nestas datas, coa que o Goberno deu resposta a unha demanda dos Orzamentos Participativos. Deste xeito, o Concello proporcionoulle un espazo de lecer aos nenos e nenas para que gozaran con actividades mentres os papás e mamás mercaban con tranquilidade nas instalacións municipais.
Audio » A concelleira Rosana Rielo, sobre o paso dos Reis Magos | Descargar mp3