A Praza de Abastos terá dende hoxe unha zona infantil, que se estreará este Nadal, a primeira resposta do Goberno aos Orzamentos Participativos

27.03.2019 - 14:40

» Venres, 21 de decembro de 2018

· O espazo, para cativos e cativas de 2 a 8 anos, estará aberto de luns a venres, dende o 24 de decembro ata o 7 de xaneiro, de 10:00 a 13:30 horas; excepto festivos.  Os nenos e nenas poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais

Aínda quedan prazas vacantes para os obradoiros infantís de Aprende a fabricar os teus regalos, os días 26, 27 e 28 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas. É necesario inscribirse no 010

Estas instalacións recibirán a visita de Papa Noel, mañá sábado 22 e o luns 24 de decembro, de 11:30 a 13:30 horas; e dos Reis Magos, o 4 e 5 de xaneiro

O Mercado Municipal e a Praza de Abastos tampouco son axenos ao Nadal de Lugo e estarán un pouquiño máis preto das familias nestas datas. De feito, haberá diversos obradoiros, baixo o nome Aprende a fabricar os teus regalos, para nenos e nenas de 4 a 12 anos, os días 26, 27 e 28 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas. Para os talleres aínda hai prazas vacantes pero é necesario inscribirse no 010.

Tamén haberá unha zona infantil, de 2 a 8 anos, de luns a venres, dende o 24 de decembro ata o 7 de xaneiro, de 10:00 a 13:30 horas; excepto festivos, no que os nenos e nenas poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais. O tempo de permanencia na zona infantil será dunha duración máxima d ehora e media.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, visitará esta tarde este espazo de lecer que se inaugura hoxe, que se estreará este Nadal e que se usará para actividades de conciliación nos distintos periodos vacacionais; dando así resposta o Goberno a un dos proxectos gañadores dos Orzamentos Participativos.

Estas instalacións tamén recibirán a visita de Papa Noel, mañá sábado 22 de decembro e o luns 24 de decembro, de 11:30 a 13:30 horas; que non quere perderse a oportunidade de pasar un ananaco cos nenos e nenas de Lugo; e dos Reis Magos, o 4 e 5 de xaneiro, o primeiro dos días de 17:30 a 19.30 horas, e o segundo, de 11:30 a 13:30 horas.

Audio » A concelleira Rosana Rielo sobre a Praza de Abastos | Descargar mp3