O Concello convida á veciñanza a participar mañá nos bailes solidarios contra a fame na Praza de Abastos

27.03.2019 - 14:30

» Xoves, 20 de decembro de 2018

· Esta cita, na que se intercambiará música por alimentos non perecedeiros, alimentos e  produtos de hixiene infantil  ou alimentos para animais de compañía, arrincará ás 17:00 horas e ata as 23:00 horas

Actuará La Penúltima, The Old Project feat Silvia Viñas, Forget La France, Altoverso, DJ Crazy Pelukas e Dj Popy García. A entrada ao evento, presentado por  Carmen Conde, é de balde entregando alimentos

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo convidou á veciñanza a participar mañá venres nos bailes solidarios contra a fame na Praza de Abastos. Será a partir das 17:00 horas e ata as 23:00 horas, no soto destas instalacións municipais, onde se intercambiará música por alimentos non perecedeiros, alimentos e  produtos de hixiene infantil ou alimentos para animais de compañía. Nesta xornada actuarán artistas locais, que dun modo totalmente desinteresado contribúen coa súa arte.

Os alimentos recadados irán destinados á Protectora de animais, á Asociación de veciños e comerciantes da Milagrosa, que ten en marcha a Operación Kilo e a Cruz Vermella. A cambio, os e as participantes gozarán das actuacións de La Penúltima, The Old Project feat Silvia Viñas, Forget La France, Altoverso, DJ Crazy Pelukas e Dj Popy García. A presentación da cita correrá a cargo de Carmen Conde. A entrada é de balde entregando alimentos.