» Luns, 17 de decembro de 2018
· Tratáse dunha "cita moi especial", na que se intercambiará música por alimentos non perecedeiros, alimentos e produtos de hixiene infantil ou alimentos para animais de compañÃa. Arrincará ás 17:00 horas e ata as 23:00 horas
Rosana Rielo convidou á veciñanza a participar nesta xornada realizada por artistas locais, que dun modo totalmente desinteresado contribúen coa súa arte
Este venres, 21 de decembro, o Concello organiza un evento solidario no soto da Praza de Abastos. Tratáse dunha "cita moi especial", na que se intercambiará música por alimentos non perecedeiros, alimentos e produtos de hixiene infantil ou alimentos para animais de compañÃa. Arrincará ás 17:00 horas e ata as 23:00 horas.
A Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo convidou á veciñanza a participar nesta xornada realizada por artistas locais, que dun modo totalmente desinteresado contribúen coa súa arte.
Os alimentos recadados irán destinados á Protectora de animais, á Asociación de veciños e comerciantes da Milagrosa, que ten en marcha a Operación Kilo e a Cruz Vermella.
A presentación da cita correrá a cargo de Carmen Conde, e os artistas e bandas que actuarán son as seguintes: La Penúltima, The Old Project feat Silvia Viñas, Forget La France, Altoverso, DJ Crazy Pelukas e Dj Popy GarcÃa. A entrada é de balde entregando alimentos.