» Mércores, 12 de decembro de 2018
· O Concello organiza esta cita, en colaboración con Lugo Xusta, dirixida a un público familiar, que arrincará ás 17:30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo
O Concello de Lugo, en colaboración con Lugo Xusta, organiza este venres, a partir das 17:30 horas, unha obra de teatro para concienciar ás familias da importancia dun consumo responsable durante as festas de Nadal. Trátase da obra Sencilleces, de Xucrut Teatre. A entrada é de balde, ata completar aforo.
A Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, convidou á veciñanza a asistir a esta intervención teatral na que se amosa que unha simple caixa de cartón, un trozo de plástico ou un pau poden ser os xoguetes máis divertidos. Os dous protagonistas da obra empregarán estes elementos para facer entrar ás e aos espectadores no seu mundo imaxinario no que é posible xogar con calquera elemento, olvidarse do paso do tempo e volver á propia esencia do xogo, sen idade nin prezo.
Sencilleces é un espectáculo creación e interpretación de Ainhoa Roca e Albert Requena, con vestuario de Dolo Navas e fotografÃa de Verónica Ramilo e Ainhoa Roca.
Audio » Rosana Rielo, sobre o teatro | Descargar mp3