» Martes, 12 de decembro de 2017
· Rosana Rielo asistirá ao encontro invitada pola entidade local coruñesa, "sabedores de que temos accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo", tanto do Mercado Municipal como da Praza de Abastos
A Concelleira lembrará a historia do mercado, asà como as útlimas actuacións que se levan feito nel, dende a remodelación ata accións de dinamización e divulgación de todo o que temos no mercado "que é moito e de moi boa calidade"
O Concello de Lugo participará este xoves en A Coruña no I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de A Coruña, no que intervirán representantes de distintos municipios galegos, asà como de Barcelona, Valencia, Madrid ou Zaragoza.
Baixo a mesa redonda Estratexias de Mercados, na que intervirá Lugo, porase en valor o papel dos Concellos como deseñadores de estratexias para mercados urbanos que misturan a innovación e a tradición. Tamén se tratarán os valores transversais dos mercados urbanos, tales como o turismo, a reactivación do comercio de proximidade e os espazos de inclusión sociocultural.
A Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, asistirá ao encontro invitada pola entidade local coruñesa, "sabedores de que temos accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo" tanto do Mercado Municipal como da Praza de Abastos. A edil lembrará a historia do mercado, asà como as útlimas actuacións que se levan feito nel, dende a remodelación ata accións de dinamización e divulgación de todo o que temos no mercado "que é moito e de moi boa calidade".
Audio » Rosana Rielo, sobre o Congreso de Mercados | Descargar mp3