» Venres, 27 de outubro de 2017
· As obras que se realizaron foron reparacións nos teitos, paredes, piares e aseos, tanto no que se refire a revestimento, remodelación e pintura
A Alcaldesa lembrou que o Goberno peonalizará a "emblemática" rúa Quiroga Ballesteros, unhas tarefas que se iniciarán no transcurso do 2018. No que se refire á cuberta, coa que o Goberno quere transformar esta rúa en "referente nacional e internacional, o Concello convocará un concurso de ideas
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Concello e CidadanÃa, Rosana Rielo, achegáronse este venres ao semi soto da Praza de Abastos, onde veñen de rematar obras de mellora da seguridade e salubridade, unha tarefas que contaron cun orzamento de preto de 28.000 euros. Fixérono aproveitando o tradicional mercado das flores, de cara a celebración da festividade do DÃa de Defuntos, que se suma á venda de produtos autóctonos os martes e venres.
Con estas tarefas, subvencionadas pola administración autonómica no 50%, garántese a seguridade tanto do propio inmoble, como das persoas usuarias, que se achegan ao mercado semanal de produtos do campo, alimentación ou horticultura.
As obras que se realizaron foron reparacións nos teitos, paredes, piares do semisoto e aseos, tanto no que se refire a revestimento, remodelación e pintura. En concreto tiráronse pegotes nos teitos, suxetáronse escaiolas, acondicionáronse chapas e instaláronse cubrecables, grapáronse tubos e tubarÃas, instaláronse rexillas en canaletas e colocáronse espellos nos baños, entre outros.
A Alcaldesa, quen animou a realizar as compras tanto na Praza como no Mercado Municipal, lembrou que dende o Goberno, na liña de seguir dinamizando esta zona comercial da cidade de cara a complementar este centro neurálxico de Lugo, e co obxectivo de sacar o mercado á rúa, peonalizará a "emblemática" rúa Quiroga Ballesteros, unhas tarefas que se iniciarán no transcurso do ano 2018, tras a aprobación das modificacións de crédito. No que se refire á cuberta, coa que o Goberno quere transformar esta rúa en "referente nacional e internacional", o Concello convocará un concurso de ideas. Estas actuacións contan cun orzamento de 1,1 millóns de euros e o Goberno de espera que, tras acometelas, esta zona se converta noutro dos atractivos da cidade.
Estas actuacións súmanse as tarefas de modernización que se acometeron recentemente por 1,4 millóns de euros, tanto no seu exterior, co cambio da cuberta do edificio, como no seu interior, en melloras de ampliación das zonas de tránsito, accesibilidade ou iluminación. Ademais, en novembro do pasado ano abriuse o pasadizo de 19 metros que comunica esta pranta co aparcadoiro, onde se poden ver in situ ademais restos da calzada romana.