Ecoespazo

No mercado tamén atoparás unha zona destinada á reciclaxe: é o Ecoespazo. Aproveitando o carácter social do mercado e a súa importancia coma un lugar de encontro, parécenos importante promover actividades coma a reciclaxe de sustancias que polo seu contido pode ser perigoso desbotalas no lixo habitual, referímonos por exemplo a pilas, bombillas, aceite de cociñas, teléfonos móbiles...

O Ecoespazo tamén é un punto solidario. Aquí recollemos tapóns ou alimentos non perecedoiros para asociacións e bancos de alimentos. Queremos mellorar a labor social da praza coa implicación como axente dinamizador, favorecendo actitudes responsables no reciclado de sustancias nocivas para o medio ambiente e dando a posibilidade de que as persoas poidan ser solidarias e axudar a outras persoas.