Acordo entre a Deputación e os hostaleiros de Lugo para a promoción do turismo

12.11.2013 - 18:46

La Voz de Galicia

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real, asinaron este mediodía un convenio de colaboración entre a institución provincial e o colectivo de hostaleiros por valor de 35.000 euros, «co que se busca o desenvolvemento e o benestar do sector da hostalería, do turismo e do ocio mediante a posta en marcha de iniciativas de promoción da gastronomía, como a coñecida campaña ??. E para comer Lugo?, e de todos os valores que presenta o conxunto da provincia como destino turístico tanto a nivel estatal como internacional».

«O turismo ?precisou Outeiro- foi sempre un factor determinante no desenvolvemento do país tanto en termos económicos como de xeración de emprego, chegando a supoñer até case o 14 por cento do PIB español. Agora, o sector público e os axentes privados debemos traballar conxuntamente para que recupere ese papel e volva ser un estímulo que axude superar a situación de crise que vivimos». Desde a APEHL entenden que se debe facer unha promoción turística conxunta a nivel provincial. «Temos moitísimo que ofrecer deste o punto de vista turístico, pero hai que ter en conta que moitos deses aspectos son descoñecidos, polo que é necesario poñelos en valor e dalos a coñecer», puntualizou Cheché Real.

Neste sentido, e grazas á colaboración da Deputación de Lugo, desde a APEHL, a asociación empresarial máis grande de toda a provincia, están a desenvolver a promoción turística de Lugo. Entre as súas últimas accións está a edición dunha guía turística provincial, así como unha maior involucración nas novas tecnoloxías coa adaptación do espazo web aos móbiles e ás redes sociais.